Programa1415
MP3•Pagina episodului
Manage episode 438712271 series 2775978
Content provided by Podcast de Corcovadomusica. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Podcast de Corcovadomusica or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://ro.player.fm/legal.
Edición número 1415 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 6 de setembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 7 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 11 de setembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 14 na sintonía de Rádio Filispim. Con este programa abrimos oficialmente a nosa tempada 2024-2025. Con ela celebramos o noso vixésimo quinto aniversario. Adicamos o primeiro programa deste novo ciclo a novidades galegas, portuguesas e brasileiras. Dende Galiza escoitamos os últimos sinxelos de Mondra, Fillas de Cassandra e Antía Muíño. Esta última asina con “Miles de flores” unha canción fondamente suxestiva. Gravouna coa colaboración de Josune Arakistain ás voces e á trikitixa e de Greta Ch’aska á produción musical. Introducimos estas pezas recuperando “Basal”, o novo da Pedreira. Velaiquí o que será, sen dúbida, un dos discos do ano. Dende Portugal, entra o novo traballo da excepcional Maria João, novamente ben acompañada do pianista brasileiro André Mehmari. En “Algodão”, João segue a estirar as posibilidades do seu particular estilo vogal até rexistros insospeitados. Escoitamos a seguir “Desassossego”, o segundo disco da fadista lisboeta Matilde Cid, antes de vos adiantar dúas pezas de “Port’Inglês”, o novo disco de Carmen Souza. Souza naceu en Lisboa, mais ten raíces caboverdianas. Asina este traballo, novamente, coa complicidade do produtor e compositor Theo Pascal. Terédelo na rúa a través de Galileo MC a finais do presente mes de setembro. Rematamos o programa dende Brasil con Laiz e os The New Love Experience. O seu último disco, “Ela partiu”, será oficialmente editado o vindeiro 13 de xullo a través de Agogo Records.
…
continue reading
70 episoade