Programa1429
MP3•Pagina episodului
Manage episode 455526722 series 2775978
Content provided by Podcast de Corcovadomusica. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Podcast de Corcovadomusica or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://ro.player.fm/legal.
Edición número 1429 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 13 de decembro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 14 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 18 de decembro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 21 na sintonía de Rádio Filispim. No programa desta semana escoitamos diferentes novidades. Parte delas están asinadas por artistas africanos e africanas. É o caso das novas producións de Les Amazones d’Afrique, Aboubakar Traoré & Balima e Kin'Gongolo Kiniata. Exploramos, ademais, os últimos discos de bandas nacidas en Europa onde converxen os talentos de diferentes músicos, todos eles e todas elas con diferentes raíces xeográficas. Pertencen a esta liña de traballo os últimos discos de Sonic Interventions, Tamala e Montparnasse Musique. Na parte final do programa entramos de cheo na conexión artística entre África e a lusofonía con dous sinxelos recentemente pulicados, os asinados polo trío Trinka e os Jupiter & Okwes. Este últimos preséntannos “Les bons comptes”, primeiro adianto do seu cuarto disco. Gravárono coa complicidade ás voces solitas da brasileira Flávia Coelho.
…
continue reading
70 episoade