Programa1422
MP3•Pagina episodului
Manage episode 446965957 series 2775978
Content provided by Podcast de Corcovadomusica. All podcast content including episodes, graphics, and podcast descriptions are uploaded and provided directly by Podcast de Corcovadomusica or their podcast platform partner. If you believe someone is using your copyrighted work without your permission, you can follow the process outlined here https://ro.player.fm/legal.
Edición número 1422 de O Recanto do Corcovado. Puidestes escoitala o venres 25 de outubro a través de RKV Radio Vigo, e o sábado 26 na sintonía de Cuac FM A Coruña e da Radio Municipal de Redondela. Pechamos a rolda de emisións o mércores 30 de outubro a través de Radio Crónica Folk Musical e o sábado 2 de novembro na sintonía de Rádio Filispim. A comezos do presente ano 2024 estreouse en Sundance “Eno”, filme documental dirixido polo cineasta e fotógrafo norteamericano Gary Hustwit. A película analiza tanto a figura humana como a traxectoria musical de Brian Eno. Para montala, Hustwit entrevistou a Eno durante unha 30 horas, ás cales lle sumou preto de 500 horas de materiais de arquivo propiedade do propio músico británico. Temos como resultado unha biografía audiovisual de preto de dúas horas que aínda non ten data oficial de estrea no noso Estado. O lanzamento do filme acompañouse da edición do disco homónimo “Eno”, unha escolma de 18 pezas que recolle parte do seu legado. Damos no disco con pezas instrumentais de corte experimental e ambiental, mais tamén con arquitecturas pop de valor incuestionable. No programa desta semana escoitámolo. Aproveitando a conexión entre cine e música, escoitamos tamén “Stop Making Sense”, disco gravado ao vivo polos Talking Heads no ano 1983. O concerto rexistrouse no Teatro Pantages de Hollywood: foi o cineasta Jonathan Demme quen se encargou da dirección cinematográfica, creando unha das mellores películas musicais da historia. Corenta anos despois, a produtora A24 restaurou o filme para ser reestreado. De igual xeito, o audio co concerto completo foi remesturado e reeditado en formato CD. O poderío musical que reflicten os Talking Heads nesta gravación é incontestable. Seguindo con esta xeira de novidades, estréovos o segundo sinxelo extraído de “Ventre unique”, o novo disco da Orchestre Tout Puissant Marcel Duchamp, ademais do novo traballo do dúo suízo de synth-pop Citron Citron. Pechamos o programa con “Lives Outgrown”, a última experiencia musical de Beth Gibbons. Trátase dun disco denso, maduro e complexo, repleto de connotacións existencialistas.
…
continue reading
70 episoade